CRTVG

Buscar

O Consello da Cultura Galega publica "Farsa das zocas", unha peza teatral de Carballo Calero

Publicado o 16/05/2020 19:37

“Farsa das zocas” é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero que conta cun triángulo amoroso con interese económico como pano de fondo.

Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho.

E tamén ten formato audiovisual; un vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida ás personaxes recreadas por Carballo Calero. É moito máis que unha lectura dramatizada, unha aproximación á posta en escena desta peza que nos presenta unha faceta menos coñecida de Carballo Calero.
 

Noticias web

16/05/2020