O conselleiro do Interior da Generalitat asocia a axuda da UME coa dun país veciño
Publicado o 28/06/2019 15:27
No medio desta loita contra o lume o conselleiro catalán do Interior asocia a axuda da unidade militar coa dun país veciño e compáraa coa que puidera ofrecer Francia. Esta mañá matizaba que o lume non entende de cores, mais non retiraba estas palabras.
Miquel Buch, conselleiro do Interior da Generalitat É normal que cando un país ten un incendio destas características nos axudemos mutuamente entre veciños. Polo tanto, se estivésemos a carón do Empordán, seguramente o Estado francés nos axudaría. Estamos no Ebro, tocando o Estado español, polo que calquera axuda pode ser boa".