O conselleiro de Sanidade volve pedir a eliminación da taxa de reposición
Publicado o 09/06/2021 16:26
O conselleiro de Sanidade volveu pedirlle ao Goberno central a eliminación da taxa de reposición.
Julio García Comesaña dixo no Parlamento que iso lle permitiría ao Segas convocar a maior oferta de emprego público dos últimos vinte anos.
Durante a súa intervención no pleno, asegurou que se poderían convocar 3.000 prazas para estabilizar profesionais da sanidade pública galega.