CRTVG

Buscar

O conselleiro de Sanidade anuncia a licitación da reforma da UCI de adultos do CHUS

Publicado o 10/02/2021 19:12
O conselleiro de Sanidade anuncia a licitación da reforma da UCI de adultos do CHUS


 O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou este mércores a licitación da reforma da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de adultos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Comesaña trasladou esta decisión durante a súa intervención na sesión plenaria do Parlamento de Galicia para responder a unha pregunta do grupo do PPdeG sobre este tema, e indicou que o Goberno galego prevé investir 1,2 millóns de euros nesta actuación. A execución da mesma debería iniciarse “nuns meses” e, ao seu termo, permitirá dispoñer neste servizo de boxes individualizados para mellorar a calidade da hospitalización dos pacientes, así como as condicións de traballo dos profesionais sanitarios.

Esta reforma enmárcase nos dez millóns de euros orzados polo Executivo autonómico neste 2021 para obras de mellora do hospital compostelán, en que se prevé actuar sobre as unidades de ictus e de farmacia, ademais de incorporar novo equipamento para pacientes con párkinson. 

Noticias web

10/02/2021