CRTVG

Buscar

O conselleiro de Cultura cualifica de "oportunista" o anuncio de Sánchez de recuperar o pazo de Meirás

Publicado o 05/01/2020 14:30

Pedro Sánchez anunciou no seu discurso que auditará os bens expropiados polo franquismo nunha nova etapa de reparación, xustiza e memoria. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez valorou o anuncio de Sánchez de recuperar o pazo de Meirás para o patrimonio público como "oportunista", porque o proceso xudicial de recuperación xa se fixou no Parlamento de Galicia e está en marcha.

"É un anuncio se se quere un pouco oportunista, no sentido de que xa está todo feito e agora simplemente por parte do Estado hai que pór en marcha e defender os principios xurídicos para que o ámbito xudicial neste caso lle dea a razón ao que parece de sentido común: que o pazo de Meirás pase a formar parte do patrimonio público."


 

Noticias web

05/01/2020