CRTVG

Buscar

O conselleiro de Cultura confía en que as probas desta noite sexan o punto de arranque das verbenas

Publicado o 19/06/2021 14:04

O conselleiro de Culltura, Román Rodríguez, agarda que as probas para as verbenas que se celebran esta noite en seis localidades galegas sexan o "punto de arranque" para que estes eventos volvan á vida normal do país.

Expresou o seu desexo de que non chova porque hai moita ilusión no traballo realizado e implicación dos concellos. Serán en recintos pechados cunha ocupación máxima de 1.000 persoas. Asegurou Román Rodríguez que o importante é que se poidan celebrar aínda que sexa nun formato diferente.

Afirma o responsable de Cultura que as probas están organizadas e xestionadas de xeito absolutamente seguro para que poidan ser exemplo de ocio e de que se poden celebrar.

 

Noticias web

19/06/2021