CRTVG

Buscar

O conselleiro chama a "sentar á mesa" aos profesionais sanitarios para reformar a Atención Primaria

Publicado o 07/03/2019 20:52

O conselleiro de Sanidade chama a "sentar á mesa" aos profesionais sanitarios para reformar a Atención Primaria.  Faino despois de que nas últimas horas os xefes de servizo de Vigo abandonaran a reunión ao considerar que o equipo directivo da súa área sanitaria non é o interlocutor válido. 

"O obxectivo temos que telo todos claro, tanto os profesionais como os xestores sanitarios e, para iso, necesitamos falar. Desde logo ese equipo directivo, igual que os doutras áreas, teñen experiencia teñen formación e as diferenzas que pode haber a nivel persoal creo que hai que salvalas, sentar, discutir e implementar. A consellería está aberta a seguir tomando estas iniciativas. Eu apelo a ese diálogo a todos os profesionais de todas as áreas sanitarias e loxicamente tamén aos de Vigo", afirma o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.

 

Noticias web

07/03/2019