CRTVG

Buscar

O Congreso vota hoxe o decreto que pon fin ao estado de alarma

Publicado o 20/05/2021 15:01
O Congreso vota hoxe o decreto que pon fin ao estado de alarma

O Congreso dos Deputados valida hoxe o decreto que lle pon fin ao estado de alarma en España, e que deixa en mans do Tribunal Supremo a útima palabra sobre as restricións que vaian tomando as autonomías para loitar contra a pandemia. A norma sairá adiante cos apoios do PdeCat, Más País ou Compromís, entre outros. O PNV e Esquerra vanse abster. Entender que o Goberno central deixa as comunidades nunha situación de inseguridade xurídica. O principal partido da oposición, o Partido Popular, votará en contra.

Os populares acusan o executivo de delegar na xustiza unha función que non lle corresponde, e que vai en prexuízo da saúde pública. O decreto foi defendido pola vicepresidenta cuarta, Teresa Ribera. Asegurou que as comunidades poden seguir aplicando a maioría das medidas que consideren necesarias.

Noticias web

20/05/2021