CRTVG

Buscar

O Congreso vota a norma que obriga a contratar os repartidores como asalariados

Publicado o 10/06/2021 08:25
O Congreso vota a norma que obriga a contratar os repartidores como asalariados

O pleno do Congreso vota este xoves a convalidación da lei de repartidores. A norma obriga a facer un contrato laboral aos repartidores que traballan nalgunha plataforma dixital, como Glovo. E dá un prazo de tres meses ás empresas para que se adapten e inclúan estes empregados como asalariados e non como autónomos. Coincidindo co debate no pleno, convocáronse novas protestas en contra da lei. A norma foi acordada con empresarios e sindicatos.

Noticias web

10/06/2021