CRTVG

Buscar

O Congreso valida a baixada do IVE na factura da luz

Publicado o 21/07/2021 14:31

O Congreso aproba tamén este mércores a baixada do IVE na factura da luz, temporalmente, dun 21 a un 10 %. E no mesmo decreto tamén se suspende o imposto do 7 % á xeración, que pagan as compañías eléctricas.

Coas dúas medidas, o Goberno agarda rebaixar a factura un 12 %. A oposición apoiou o decreto, aínda que lle reprochan ao Goberno que non adopte máis medidas para baixar a factura ante a escalada dos prezos. O executivo responsabiliza o actual deseño do mercado.

Noticias web

21/07/2021