CRTVG

Buscar

O Congreso rexeita a proposta do PP para reformar o sector eléctrico

Publicado o 25/05/2021 21:53
O Congreso rexeita a proposta do PP para reformar o sector eléctrico

O Congreso debateu este martes a proposta do PP para instar o Goberno a convocar con carácter urxente a Conferencia de Presidentes autonómicos. Aínda non se votou, pero previsiblemente non sairá aprobada porque os grupos xa anunciaron o sentido do seu voto.

O que si se votou foi a proposición de lei do PP para reforma o sector eléctrico traspasando os custos fixos da factura da luz aos presupostos xerais do Estado e eliminar así o imposto sobre a electricidade. O PP sostivo que que esta medida podería supoñer unha rebaixa de 100 ao ano para cada consumidor. O Congreso rexeitou a proposta.

Noticias web

25/05/2021