CRTVG

Buscar

O Congreso insta o Goberno a crear unha estación ferroviaria de mercadorías no polígono de San Cibrao das Viñas

Publicado o 10/05/2021 21:05
O Congreso insta o Goberno a crear unha estación ferroviaria de mercadorías no polígono de San Cibrao das Viñas

O Congreso insta o Goberno a impulsar a creación dunha estación ferroviaria de mercadorías no polígono industrial ourensán de San Cibrao das Viñas.

Proposición non de lei do Partido Popular saíu adiante na Comisión de Transporte co apoio de Vox, Ciudadanos e mais do Grupo Mixto. O resto de grupos abstivéronse.

O deputado popular Celso Delgado xustificou a necesidade da estación de tren de mercadorías en San Cibrao das Viñas porque este polígono e os da contorna transportan ao ano 3 millóns de toneladas de mercadorías por estrada que equivalen a 120.000 camións.