CRTVG

Buscar

O Congreso insta ao Goberno a que manteña o apoio ao Xacobeo en 2022

Publicado o 14/06/2021 21:19

O Congreso insta ao Goberno a que manteña o apoio ao Xacobeo ata finais de 2022, que é cando remata o Ano Santo tras a prolongación autorizada polo Papa. A proposición non de lei do Partido Socialista contou con apoio de todos os grupos agás o do Partido Popular. Os populares votaron en contra alegando a falta de compromiso económico, político e institucional do Goberno central ao Ano Santo. Para os socialista o apoio do Goberno queda probado co Plan Turístico Nacional Xacobeo

"O Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22 pretende servir de panca para reactivar este destino turístico e potenciar os camiños de Santiago xerando un produto único no que será unha grande experiencia turística e persoal e co que se pretende reforzar o desernvolvemento e consolidación do produto turístico xacobeo desde unha perspectiva de sustentabilidade, inclusivo, dixital, de calidade e seguro", di Adolfo Pérez Abellás, deputado do PSOE.

 

Noticias web

14/06/2021