CRTVG

Buscar

O Congreso insta ao Goberno a protexer o mercado galego do leite

Publicado o 13/05/2021 21:01

O Congreso pídelle ao Goberno que apoie e protexa o mercado galego do leite e dos seus derivados.  A proposición non de lei do PSOE saiu adiante sen ningún voto en contra. O deputado socialista pediu a colaboración das administracións para eliminar as prácticas comerciais que avocan aos gandeiros a vender por baixo dos custes de produción. Solicitou ademais unha maior vixilancia para evitar, dixo, que se envase leite doutros países como se fose de España.

Noticias web

13/05/2021