CRTVG

Buscar

O Congreso dos Deputados inicia o luns a tramitación dos presupostos xerais do Estado

Publicado o 09/01/2019 16:51

Tras a súa aprobación no Consello de Ministros deste venres, o Goberno de Pedro Sánchez presentará os presupostos xerais do Estado o vindeiro luns no Congreso dos Deputados. Ese mesmo día iniciarase a súa tramitación na cámara baixa. Para superar este trámite, Pedro Sánchez deberá conta cuns apoios que a día de hoxe non ten, os dos independentistas cataláns. Gabriel Rufián, asegurou nunha entrevista que Podemos lle propuxo a dimisión do ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, a cambio do seu apoio aos presupostos.

Gabriel Rufián dixo que foi unha xuntanza de pasillo en que dous responsables de Podemos lle dixeron "que pasaría se lle metemos presión para que Borrell caia?, o voso voto cambiaría?".

Tanto Esquerra como o PDeCat insisten en que non apoiarán os orzamentos se o Goberno de Pedro Sánchez non ofrece algo a cambio. Quim Torra mesmo pecha a porta á tramitación das contas se non se aborda a autodeterminación de Cataluña.

Quim Torra, presidente da Generalita de Cataluña, di que se non hai algún movemento político neste sentido, os presupostos non é que non se aproben e que non se tramitarán. Pedro Sánchez inicia este sábado en Barcelona a campaña para tratar de aprobar os orzamentos.

Noticias web

09/01/2019