O Congreso debaterá este martes a transferencia da AP-9 a Galicia
Publicado o 01/02/2021 17:01

O pleno do Congreso debate mañá a proposición de lei do Parlamento galego para que a AP-9 sexa transferida a Galicia.
Chega coa apoio unánime das tres forzas da Cámara galega. Os encargados de defendela serán o deputado do PP Diego Calvo e os do BNG e PSdeG, Ana Pontón e Gonzalo Caballero.
A iniciativa xa se debatera en decembro de 2018, pero decaera pola convocatoria de eleccións. O previsible é que mañá pase a primeira votación, aínda que non contará co apoio de Vox nin de Ciudadanos.