CRTVG

Buscar

O Congreso debate unha iniciativa contra a discriminación lingüística

Publicado o 09/03/2021 16:22

No pleno do Congreso dos Deputados estase a debater unha iniciativa contra a discriminación lingüística. Trátase dunha proposición non de lei que asinan os grupos nacionalistas e Unidas Podemos para instar ao Goberno a garantir a igualdade das linguas que se falan en España.

Iso require modificar algo máis de cincocentas disposicións legais. Asisten ao debate asociacións que representan a realidade plirilingüe do Estado, entre elas a Mesa pola Normalización Lingüística, que advirte de que a discriminación pola lingua é unha forma de racismo.

Noticias web

09/03/2021