O Congreso dá o primeiro paso para derrogar o voto rogado
O Congreso dá o primeiro paso para a derrogacion do voto rogado. A iniciativa do PSOE e de Unidas Podemos saíu adiante por unanimidade. Propón eliminar a reforma de 2011 da lei electoral que establecía que os residentes no exterior teñen que solicitar, ou rogar, o voto antes do día das eleccións.
Unidas Podemos facía o mellor resumo da proposta.
"Eliminar esa carreira de obstáculos que supón votar para os nosos compatriotas que residen no exterior", di Lucía Muñoz, deputada de Unidas Podemos.
Os socialistas son a outra formación que propón a supresión do voto rogado. Eles foron os que impulsaran a súa introdución en 2011, pero recoñecen o fracaso.
"Pedirlles perdón aos cidadáns no exterior. Queremos pedirlles perdón porque, desde o ano 2011 que nós promovemos e amparamos esta modificación lexislativa, tratámolos como cidadáns de segunda", afirma Pilar Cancela, deputada do PSOE.
O PP, que apoiara a introdución do voto rogado, tamén acepta que o resultado non foi o agardado.
"Tivo un efecto non querido polo lexislador, que é o descenso inaceptable da participación: dunha media do 30 % a menos do 10 %, por iso nós somo favorables a suprimir o voto rogado", asegura José Antonio Bermúdez de Castro, deputado do PP.
O BNG tamén apoia a derrogación do voto rogado e apunta que son case medio millón os galegos afectados.