O Congreso, contrario á despenalización das inxurias á coroa
Publicado o 27/10/2020 21:29
O PSOE impide a despenalización das inxurias á coroa. Unha proposta que ERC levou ao Congreso e que conta co apoio de Unidas Podemos e do resto de formacións nacionalistas, como o BNG.
Ademais do rexeitamento do PSOE, tamén o Partido Popular, Vox e Ciudadanos se posicionaron en contra de derrogar os artigos do Código Penal que recollen penas de prisión por inxurias á coroa e ultraxe a España por entender que é lexítimo que as institucións do Estado estean protexidas.