CRTVG

Buscar

O Congreso aproba este xoves a lei que regula a eutanasia

Publicado o 18/03/2021 08:45
O Congreso aproba este xoves a lei que regula a eutanasia

O pleno do Congreso dos Deputados dará aprobación á eutanasia, que se converterá nunha nova prestación do Sistema Nacional de Saúde que poderán solicitar aquelas persoas que padezan unha enfermidade grave e incurable cun sufrimento físico ou psíquico constante e intolerable.

Despois de algo máis dun ano de tramitación parlamentaria, esta proposta de regulación da eutanasia presentada polo PSOE será aprobada no pleno deste xoves e entrará en vigor dentro de tres meses.

Durante a súa tramitación no Congreso e no Senado, a lei tivo que superar os vetos presentados polo PP e Vox e conta co apoio maioritaria de ambas as Cámaras.