CRTVG

Buscar

O Congreso aproba este xoves a Lei de Cambio Climático

Publicado o 08/04/2021 09:09
O Congreso aproba este xoves a Lei de Cambio Climático

O Congreso aproba hoxe a Lei de Cambio Climático cuns artigos que deixan no aire o futuro de negocios asentados no litoral galego. Conserveiras ou cetarias. Tamén industrias como Ence en Pontevedra.

O Goberno galego alerta de que a normativa aplica un efecto retroactivo nas concesións. E considera que é inconstitucional. Calcula que afectará a unhas 5.000 edificacións na costa. Xa anuncia recurso.

Noticias web

08/04/2021