O Congreso aproba a suspensión das regras fiscais pola pandemia
Publicado o 20/10/2020 19:51
O Congreso dos Deputados aproba a suspensión das regras fiscais pola pandemia. Por primeira vez, a cámara baixa activou o artigo da Constitución que permite conxelar os obxectivos de déficit e de débeda para facer fronte a catástrofes.
O acordo saíu adiante co apoio de todos os grupos, agás o PP e VOX, que se abstiveron, e o voto en contra de Foro Asturias.