CRTVG

Buscar

O Congreso aproba a candidatura de Antón Costas para presidir o Consello Económico e Social

Publicado o 15/04/2021 18:29
O Congreso aproba a candidatura de Antón Costas para presidir o Consello Económico e Social

O Congreso avala a candidatura de Antón Costas para presidir o Consello Económico e Social. O economista galego compareceu hoxe ante a Comisión de Traballo das Cortes, derradeiro trámite antes de ser nomeado polo Consello de Ministros. Todos os grupos aceptaron por asentimento a súa designación. Costas defendeu un novo contrato social que atenda a politicas de redistribución, incluída a dos excedentes das empresas entre accionistas e traballadores.

Noticias web

15/04/2021