O Congreso, a favor do suplicatorio para investigar a Alberto Rodríguez
Publicado o 10/12/2020 17:28

O Supremo poderá investigar o deputado Alberto Rodríguez, de Unidas Podemos. Deulle luz verde a comisión do Estatuto do Deputado, que aprobou por unanimidade conceder ese suplicatorio que pedira o Supremo.
Agora o ditame terá que ser ratificado no pleno do Congreso. Así, o Supremo poderá actuar penalmente contra Alberto Rodríguez. Está acusado dun delito contra a autoridade por darlle, supostamente, unha patada a un policía durante unha manifestación en 2014.