CRTVG

Buscar

O condutor fuxitivo que deixou un mozo ferido en Santiago non se entregou á policía

Publicado o 11/10/2021 13:31

O chofer que fuxiu tras atropelar un mozo ante unha discoteca en Santiago non se entregou á policía. Así o confirma unha amigo da vítima, de costas á cámara en prevención de represalias, que tamén conta que o rapaz atropelado está xa na súa casa tras unha semana no hospital. O mozo foi atropelado de madrugada o sábado 2 cando nesa rúa do ensanche había un grupo numeroso de persoas que saían da discoteca.
 

Noticias web

11/10/2021