CRTVG

Buscar

O condutor dun camión queda atascado nunha aldea de Boiro seguindo o GPS

Publicado o 14/01/2019 21:29

A tecnoloxía fai a vida máis fácil, pero ás veces xoga malas pasadas. E se non miren o que lle pasou a este camioneiro. Quedou atascado entre as casas. Así como ven, sen poder ir nin para adiante nin para atrás. Foi en Boiro. Ía para o porto da parroquia de Abanqueiro e o navegador levouno polo medio da aldea de San Martiño. A retirada do tráiler foi moi complexa. Transportaba bovinas que pesan unha tonelada e houbo que retirarllas unha a unha para que o camión manobrase e podelo desatascar. Doce horas despois, o tráiler puido seguir o seu camiño.

O curioso é que aos veciños xa non lles é novo porque non é a primeira vez que ocorre. Levan contabilizados ata 30 camións que quedan encaixados no medio da aldea e, todos polo GPS.

 

Noticias web

14/01/2019