CRTVG

Buscar

O concerto piloto de Love of Lesbian só deixou seis positivos

Publicado o 27/04/2021 20:39
O concerto piloto de Love of Lesbian só deixou seis positivos

O concerto masivo de Love of Lesbian en Barcelona demostra que os grandes eventos culturais poden ser seguros. Dos case 5.000 asistentes, tan só houbo seis positivos, e catro deles non se contaxiaron durante o concerto.

Os requisitos de acceso eran PCR negativas e máscara, pero sen distanciamento social durante o evento. Esta proba piloto fai respirar un dos sectores máis castigados pola pandemia.

Noticias web

27/04/2021