CRTVG

Buscar

O concello murciano de Totana volve á fase 1 tras detectar un brote de 55 contaxios

Publicado o 23/07/2020 13:16
O municipio de Totana volverá á fase 1 da desescalada tras o importante número de casos positivos por coronavirus que se rexistraron nas últimas horas derivados da asistencia a locais de lecer nocturno, cun total de 55 contaxiados.

Así o anunciou este xoves o conselleiro de Saúde de Murcia, Manuel Villegas, despois da reunión extraordinaria da comisión de seguimiento poscovid-19 e do Consello de Goberno. Tamén fixo un chamamento especial á comunidade latinoamericana afincada na rexión, que acumula o 60 por cento dos contaxios por coronavirus.
Coa volta á fase 1 da desescalada, quedará prohibida a entrada e saída do municipio de Totana, duns 30.000 habitantes, péchanse os seus centros de día e restrínxense as visitas ás residencias, á vez que se pecharán os centros de saúde, excepto para a atención relacionada coa pandemia.
As repuntas de novos contaxios detectados en Aragón e Navarra preocupan ás autoridades sanitarias, que seguen moi atentas tamén aos tres novos focos detectados na Comunidade Valenciana.
Detectáronse máis de 700 novos casos por coronavirus na última xornada, a cifra máis alta desde a fin do estado de alarma, activaron todos as alertas.
Máis de dous terzos dos casos notificados en Aragón corresponden á capital, Zaragoza, onde só tres dos 33 centros de saúde da cidade non confimaron algún contaxio e a  presión xa se empeza a trasladar aos hospitais "Nestes momentos só temos unha cama libre para calquera paciente que poida necesitar coidados intensivos porque aínda que a repunta non foi o que foi a outra vez, e iso é moi bo, xuntóusenos con pacientes doutro tipo.
En Navarra, onde a repunta de casos obrigou a retroceder á fase 2 o barrio pamplonés de Mendillorri, as autoridades sanitarias prepáranse para facer probas diagnósticas a 2.400 mozos.

A Comunidade Valenciana detectou 57 novos contaxios e confirmou tres novos brotes: dous nas localidades alacantinas de Santa Pola e Sant Joan relacionados co ocio nocturno cunha decena de positivos e outro de catro no Hospital de Xátiva.