CRTVG

Buscar

Vilagarcía recoñece a sociedade arousá pola súa loita contra o tráfico de droga

Publicado o 31/01/2019 21:47

O Concello de Vilagarcía aprobou esta tarde unha moción de recoñecemento á sociedade arousá pola súa loita contra o tráfico de drogas. Fíxoo a iniciativa da Fundación Galega contra o Narcotráfico e para contrarrestar esa imaxe de complicidade que se deu nalgunhas series televisivas.

Era novembro do 93 e 50.000 persoas saían á rúa en Vilagarcía para protestar contra o tráfico de drogas. Pais e nais de todos os concellos da ría pedían man dura cos narcotraficantes. O Concello de Vilagarcía aprobou este xoves unha moción para render homenaxe a esta sociedade que nunca se rendeu ante as mafias.

A moción presentouse a iniciativa da Fundación Galega contra o Narcotráfico. Con ela pretenden contrarrestar a imaxe de permisividade social que se deu nalgunhas series de televisión.

Dende Vilagarcía animan o resto de España a que visiten a vila para que vexan que o narcotráfico e a violencia son cousa do pasado.

Noticias web

31/01/2019