O Concello de Vigo pecha algún parque pequeno por non poder garantir a súa desinfeción
Publicado o 11/10/2020 13:26
O peche e precintado deste parque deportivo de Samil serve de exemplo para outras áreas pequenas de uso infantil e de maiores en Vigo. Segundo a versión do Concello, a cidade non ten capacidade económica para desinfectar cada área recreativa da cidade e reclama á Administración galega, que non se manifestou a este respecto, unha partida económica para tal limpeza. Din que cos medios que teñen non poden garantir a seguridade ante a covid-19 para os cidadáns.
O Concello de Vigo garante a limpeza e apertura dos parques grandes como Castrelos ou o Castro. Os parques precintados de barrios pequenos e parroquias, dos que aínda non hai unha listaxe, permaneceran pechados de xeito indefinido.