O Concello de Vigo, o primeiro de España en facer uso dos remanentes de tesourería
Publicado o 12/11/2020 15:34

O Concello de Vigo será o primeiro de España en facer uso dos remanentes de tesourería.
O Goberno vigués aprobou en solitario no pleno a utilización de 33 millóns de euros, que se destinarán a medio cento de actuacións, maioritariamente humanizacións de rúas.
Pola súa banda, a oposición critica que non se empreguen eses recursos para axudar os hostaleiros, comerciantes e persoas vulnerables.