CRTVG

Buscar

O Concello de Vigo négase a enviar a información sobre o accidente do Marisquiño

Publicado o 02/01/2019 17:38

O Concello de Vigo négase a facilitarlle ao Parlamento de Galicia a documentación relativa ao accidente do Marisquiño. A comisión de investigación solicitoulle a Abel Caballero diversos informes, pero o rexedor rexeita cumprir co requirimento porque, na súa opinión, a cámara autonómica non ten potestade para fiscalizar o Goberno municipal.

A Comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño está paralizada dende mediados de decembro. Os deputados non teñen a documentación necesaria para dirimir as posibles responsabilidades políticas dun sinistro no que resultaron feridas 460 persoas. O Concello de Vigo négase a facilitárllela en base a un informe do seu secretario. Din que a cámara autonómica non ten potestade para fiscalizar a xestión do Goberno local.

Dende o Partido Popular consideran que Caballero intenta que non se coñeza a verdade.

A comisión retomará as comparencias a mediados de xaneiro, sen a participación dos deputados do PSdeG, que decidiron abandonala.








 

Noticias web

02/01/2019