CRTVG

Buscar

O Concello de Sada limita o ruído nos balcóns

Publicado o 08/04/2020 17:03

Polémica en Sada pola decisión do Concello de limitar o tempo que a xente vai poder asomarse á ventá durante o confinamento e socializar con música. Só poderán realizar esta actividade media hora acotío e unha hora máis os domingos.

Como en moitos outros puntos das vilas e cidades galegas, a saída á ventá ou ao balcón ás oito da tarde é o momento que a veciñanza aproveita non só para render homenaxe aos sanitarios, senón tamén para a socialización. Un espazo en que a música soa con forza. Unha situación que non todos os veciños aproban. Por iso, ante algunhas protestas, o Concello de Sada estableceu pautas máis ríxidas: non se permitirán altofalantes ou amplificadores nas ventás ou terrazas máis aló das oito e media da tarde. Agás os domingos, cando si se admite unha sorte de sesión vermú entre as dúas e as tres. A medida acendeu o debate.

Aseguran que esta actividade está a reforzar a convivencia veciñal.






 

Noticias web

08/04/2020