O Concello de Pontevedra ratifica a retirada da rúa a Xoán Carlos I
Publicado o 12/04/2021 14:08

O Concello de Pontevedra confirma que retirará do rueiro o nome de Xoán Carlos I. Non aceptou o recurso presentado por un particular que reclamaba que se mantivese a rúa dedicada ao rei emérito.
Nun pleno extraordinario, cos votos a favor do BNG e PSOE e en contra do PP, decidiron rexeitar esa petición formal, xa que a decisión política foi tomada cumprindo a lei.