CRTVG

Buscar

Pontevedra reabre o 'botellódromo' para acabar cos problemas de convivencia

Publicado o 14/10/2021 14:53

A  normativa autonómica prohibe o consumo de alcol en espazos públicos. Dende o Concello de Pontevedra, consideran que esta medida non afecta ao aparcadoiro do recinto feiral por ser un espazo de uso dotacional. Ata aquí queren que se desprace a mocidade para evitar o botellón na zona vella da cidade.

Dende a Xunta lamentan esta decisión e estiman que non é correcto retorcer a lei para considerar ese espazo fóra da normativa.

Os veciños teñen opinións divididas con esta ordenanza municipal que xa se aprobou en 2008 e que se volve pór en marcha agora co vin das restricións. O Concello xa anunciou dúas actuacións musicais na explanada para esta fin de semana.

Noticias web

14/10/2021