CRTVG

Buscar

O concello de Ordes inaugura un albergue de peregrinos

Publicado o 18/06/2019 16:20

O concello de Ordes inaugurou hoxe un albergue público de peregrinos. Está na parroquia de Poulo, no Camiño Inglés. Ten 42 prazas e foi construído na antiga casa reitoral que a Igrexa lle cede á Xunta durante os próximos 30 anos. No que levamos de ano, o número de peregrinos aumentou o 13% e as previsións apuntan a un novo récord histórico neste 2019. O presidente Alberto Núñez Feijóo incluíu na inauguración o novo albergue na preparación do Xacobeo 2021 e anunciou a construción de máis albergues públicos.

 

 

Noticias web

18/06/2019