CRTVG

Buscar

O concello de Muíños entra mañá en nivel alto de restricións

Publicado o 22/04/2021 14:31

Os casos activos non chegan á decena, pero Muíños tampouco ten moita poboación. Non son máis de 1.500 veciños. E a regra de tres sitúa a incidencia acumulada en cifras preocupantes, por riba dos 500 casos por 100.000 habitantes a 14 días e máis de 250 a 7 días.

Así, este venres entra en nivel alto de restricións, que permite a mobilidade, pero limita a hostalería ao uso das terrazas ao 50 por cento de capacidade.

400 veciños de Muíños están chamados a participar esta fin de semana nun cribado.

Noticias web

22/04/2021