CRTVG

Buscar

O concello de Mos ten unha incidencia acumulada de 213 contaxios por 100.000 habitantes

Publicado o 16/01/2021 14:40

A residencia Doral de Mos, que é a que ten o maior número de residentes e traballadores de toda Galicia, chegou a ter entre o centro de maiores, o de día e o de discapacitados un total de 212 contaxiados de coronavirus. Esta cifra fixo que o concello estivera a segunda quincena de novembro e durante todo decembro coas restricións máximas porque o índice de contaxios por 100.00 habitantes superaba os 1.400.

As residencias de Mos están xa no proceso de vacinación. O concello ten hoxe 32 casos activos, nove menos ca onte. Así que desde hai quince días sae do nivel máximo para estar no nivel medio alto de restricións, no de menos de 250 casos por 100.000 habitantes.

A incidencia acumulada no concello de Mos é de 213 contaxios por cen mil habitantes nos últimos 14 días.

Noticias web

16/01/2021