CRTVG

Buscar

O Concello de Mos mantense firme: "A licenza está ben concedida"

Publicado o 09/06/2021 12:01

A alcaldesa, Nidia Arévalo, comparou a concesión directa de Afouteza con Abegondo

O complexo deportivo do Celta en Mos, Afouteza, construíuse cunha licenza contraria á normativa urbanística.

E a alcaldesa de Mos di que a obra é legal. Nidia Arévalo cre que a xustiza fixo unha interpretación sobre unha licenza directa ou un plan especial.

Así o deixa claro un xulgado do contencioso de Pontevedra, logo dunha denuncia da comunidade de montes de Tameiga. O Concello de Mos deu licenza para os campos de adestramento, e despois levantouse un edificio para vestiarios, aparcamento e outros servizos. A xustiza di que para iso precisaba contar cun plan especial de dotacións, que non se fixo. O xulgado declara nula esa licenza e obriga a revisar a dos campos. O concello alega que as obras son legalizables e recorrerá a sentenza. O Celta tamén defende a legalidade das obras.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ten claro que a licenza está ben concedida: "Que ninguén se confunda, non falamos dunha obra ilegal"; e comparou esta concesión coa concedida para a cidade deportiva do máximo rival do Celta, o Deportivo. 

Noticias web

09/06/2021