CRTVG

Buscar

O Concello de Mos distribúe de balde medidores de CO2 para todos os establecementos do municipio

Publicado o 19/04/2021 15:58

Os restaurantes prepáranse para recibir os medidores de CO2 nos seus establecementos. Será obrigatorio para todos os restaurantes galegos, que o terán que ter instalado o próximo venres.

En Mos o concello encargárase de distribuílos polos 75 locais do municipio. A obrigatoriedade é tan só para os establecementos que ofrecen comidas ou ceas, pero en Mos tamén se distribuirán en cafeterías, taperías e bares.

A empresa encargada da subministración acordou co Concello financiar os medidores ao 50 por cento. As cores destes aparellos serán as que informen sobre a calidade do aire nos locais.

Este mércores empezarán a recibilos. O obxectivo é facilitar aos hostaleiros a adaptación ao Plan de hostalería segura posto en marcha pola Xunta de Galicia.

Noticias web

19/04/2021