CRTVG

Buscar

O Concello de Marbella incorpora ao seu patrimonio dúas leiras do caso Malaya

Publicado o 26/02/2019 19:11

O concello de Marbella tomou posesión hoxe da parcela La Caridad, a máis emblemática das que foron propiedade do ex-asesor municial de Urbanismo Juan Antonio Roca, cerebro do caso Malaya.

No caso Malaya axuizouse a maior trama de corrupción urbanística da historia. Este terreo, do que tomou posesión o concello, preténdese destinar a equipamento público e forma parte do pagamento das responsabilidades civís por outros casos xudiciais coñecidos como Saqueo I e Saqueo II. Esas responsabilidades ascenden en total a 66,7 millóns de euros.

A parcela ten 81.000 metros cadrados e foi valorada en máis de 5 millóns de euros. Tamén se tomou posesión doutra parcela de 120.000 metros cadrados e foi taxada en millón e medio de euros.

Noticias web

26/02/2019