CRTVG

Buscar

O Concello de Lugo traballa para poñer barracas no San Froilán

Publicado o 27/09/2021 21:09

O Concello de Lugo traballa contra o reloxo para que finalmente se poidan instalar as barracas nas festas patronais de San Froilán, que comezan o vindeiro luns. Despois de reunirse cos feirantes o venres e de trasladarlles que faría todo o posible por instalar esas atraccións, a alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, estuda as fórmulas técnicas e de seguridade para que finalmente funcionen neste San Froilán.

A situación actual da pandemia é moi distinta á de agosto, cando a concellería de Cultura, que dirixe o BNG, descartou pola falta de garantías sanitarias a instalación das barracas.

Agora na alcaldía entenden que a pesar de contar con pouco tempo para dar coas solucións técnicas e de ampliación de espazos necesaria é momento de dar un pulo á economía da cidade e de buscar solucións que conxuguen un equilibrio entre o económico e o sanitario.

Noticias web

27/09/2021