CRTVG

Buscar

O paseo pola muralla de Lugo farase no sentido contrario ao das agullas do reloxo

Publicado o 03/05/2020 13:26

Deportistas e camiñantes estaban desexando poder saír á rúa para volver gozar do adarve da muralla, un espazo único que os lugueses usan moito para facer exercicio e deporte.

Para aumentar a seguridade, o Concello pediu aos veciños que paseen ou corran no sentido contrario ao das agullas do reloxo, é dicir, no mesmo sentido en que circulan os coches.

Circularen todos no mesmo sentido é un pedimento que mesmo facían os cidadáns. Tamén se pide que na rúa a xente camiñe sempre pola súa dereita.

Ir polo adarve no mesmo sentido dos vehículos e camiñar sempre á dereita de un son medidas de civismo.

Noticias web

03/05/2020