O Concello de Lugo permítelles aos pais aparcar mal dez minutos para levas os nenos á escola
En Lugo, diante dos colexios, é frecuente atopar coches mal aparcados nas horas en que os cativos entran e saen da escola. Seguramente, o deseño da cidade non ofrece máis alternativas, pero estes coches mal aparcados dificultan a circulación do tráfico. Co cal, buscouse unha solución que sexa o máis beneficiosa posible, ou o menos mala posible, tanto para os proxenitores coma para o tráfico: permitir aparcar mal o coche durante dez minutos.
Os negocios que hai a carón dos colexios tamén se ven afectados pola medida, pero amósanse comprensivos con que os turismos poidan aparcar mal durante dez minutos.
Na farmacia opinan o mesmo; cren que as dificultades no aparcamento se deben á estrutura da cidade, e que hai que ser tolerantes cos pais que aparcan un momentiño para baixar ou subir os nenos ao coche.
Con todo, dende o Concello insístese en que o mal estacionamento non poderá superar os dez minutos, que a partír de aí haberá unha sanción, para evitar así a picaresca de abusar desta concesión municipal para ir facer outro tipo de xestións distintas que deixar ou recoller os pequenos da escola.