O Concello de Lugo investiga irregularidades na xestión de persoal
O Concello de Lugo investiga irregularidades na xestión do cadro de persoal. Abren expediente á responsable dese departamento para destituíla da xefatura por incumprimento inadecuado das súas funcións.
O equipo de goberno di que o fai por responsabilidade política. A oposición di que alcaldes e concelleiros son corresponsables da situación, xa que a xefa de persoal leva 22 anos no cargo.
"Considerei, por responsabilidade política e polo bo funcionamento deste Concello, que había que tomar esa decisión", di Paula Alvarellos, concelleira de Gobernanza.
Pola súa parte, Antonio Ameijide, voceiro municipal do PP cre que "aquí son total e absolutamente corresponsables do que pasou nestes últimos 20 anos en materia de persoal, os concelleiros do PSOE do BNG e os alcaldes".