CRTVG

Buscar

O concello de Lugo derrubará as torres do Garañón o próximo ano

Publicado o 15/06/2021 16:20
O concello de Lugo derrubará as torres do Garañón o próximo ano

O Concello de Lugo pedirá un crédito dun millón de euros para derrubar o vindeiro ano as polémicas torres do Garañón. Deste xeito pretende dar cumprimento á sentenza xudicial que declaraba ilegal a licenza concedida polo Goberno de Xosé López Orozco para construír estes edificios.

Ante a inacción da empresa propietaria, que está en concurso de acredores, o Concello actuará de maneira subsidiaria, e creará alí unha gran zona verde.

Noticias web

15/06/2021