O Concello de Lugo creará un estudo piloto para planificar o control climático da cidade
Publicado o 18/08/2021 18:28

EUROPA PRESS
O Concello de Lugo elaborará un estudo piloto para planificar o control climático dos barrios da cidade, segundo informa o consistorio.
A finalidade da actuación é "poder deseñar as novas urbanizacións segundo variables do clima en prol da comodidade, o aforro enerxético e a diminución de emisións contaminantes". A Xunta de Goberno adxudicou este mércores os traballos, que terán un custo de 45.254 euros e un prazo de execución de sete meses.
A primeira planificación será para o primeiro barrio multiecolóxico de España, situado nas Gándaras, e incluirá tamén a área que ocupa a praza de Agro do Rolo, para incorporar solucións de mellora na contorna.