O Concello de Lugo convoca por decreto os axentes da Policía Local para facer reforzos no Arde Lucus
Publicado o 06/06/2019 14:26
A xunta de seguridade do Concello de Lugo mantivo un encontro para abordar as necesidades do Arde Lucus. A cidade acollerá miles de persoas e cómpre reforzar os medios. Ante a merma de efectivos na Policía Local o concello di que prima á seguridade cidadá e convócaos por decreto.
Os axentes din que van superar as horas que marca o regulamento e que hai compañeiros que aínda teñen situacións semellantes sen cobrar.
Anuncian que recorrerán estes decretos, dado que sinalan que se trata dun evento programado e non dunha situación de urxencia que non se podía prever.