CRTVG

Buscar

O Concello de Los Llanos de Aridane abre unha conta bancaria para donativos

Publicado o 22/09/2021 09:34

A erupción do volcán da Palma está a desatar un enorme regueiro de solidariedade. Administracións, asociacións, empresas e sobre todo moitos particulares organízanse e axuntan alimentos, roupa ou xoguetes. O concello de Los Llanos de Aridane, un dos máis afectados polo río de lava, abriu unha conta bancaria para donativos. O obxectivo, axudar na medida do posible as persoas evacuadas. Moitas delas son amigos e veciños que o perderon todo.

Noticias web

22/09/2021