CRTVG

Buscar

Carballeda de Valdeorras estrea máximas restricións con 11 positivos e un cribado

Publicado o 12/04/2021 15:17

Hoxe é festivo local en Sobradelo, tiñan que estar de festas patronais, pero pouca xente polas rúas na primeira xornada de peche petrimetral en Carballeda de Valdeorras. Hai preocupación entre a veciñanza.

"Un pouco preocupados si porque da outra vez non tivemos case nada, houbo algún caso, pero non como desta vez", di unha veciña.

"De non ter ningún a de repente agora ter 11 casos, a xente alármase e temos medo, é normal agora ter medo porque a poboación de aquí é xente moi maior", asegura outro veciño en Sobradelo.

As restricións máximas obrigan ao peche da hostalería, pero por recomendación do Concello o restaurante e os dous bares xa pecharon desde o sábado.

"Non se pode saír do concello estamos pechados, mala sorte, cadraron estes casos porque a xente con se cohibíu o necesario e agora temos a localidade pechada e non podemos saír de aquí.

"Agora hai moito máis e está todo pechado automaticamente por iso", din os veciños.

O gromo de orixe laboral entre os traballadores das canteiras foise estendendo ás familias, e con 11 casos positivos a incidencia acumulada supera os 700 casos por cada 100.00 habitantes. Para desbotar asintomáticos o Sergas vai facer esta tarde un cribado entre a poboación.

A partir das tres, 600 veciños e veciñas de entre 18 a 74 anos están convocados no pavillón municipal para facer unha proba PCR. O obxectivo é cortar a transmisión do virus.

Noticias web

12/04/2021